Que é Recaladas?

Recaladas no Camiño é un proxecto experimental no que, nun  espazo de  cocreación  itinerante, a través das distintas recaladas,  crearemos a primeira senda do patrimonio industrial ao longo do Camiño de Santiago.

Como o faremos?

A través de equipos multidisciplinares de estudantes ou recentemente titulados/ as, elixidos baixo criterios de paridade de xénero e inclusión que, acompañados polo comité organizador e científico, recalarán durante os 6 días de traballo de campo en 2 dos  nodos ou enclaves que dispoñen dunha alta densidade de elementos patrimoniais, en activo ou en obsolescencia, vinculados ás actividades industriais marítimo pesqueiras ao longo de Camiño de Santiago.

Cal será o resultado?

A creación da primeira senda do patrimonio industrial marítimo pesqueiro ao longo do Camiño de Santiago, que contribuirá á identificación, dinamización e valorización dos recursos turísticos  coligados ao Camiño de Santiago.

Os resultados obtidos da expedición “Recaladas no Camiño”, serán presentados nunha conferencia final onde cada un dos equipos presentará a súa proposta, o que permitirá xerar un itinerario polo patrimonio industrial vinculado ás actividades marítimas e pesqueiras, no marco de oportunidades que ofrece o Camiño de Santiago.

Queres formar parte da expedición?

Si tienes entre 18 y 30 años y eres estudiante, titulado/la y/o graduado/la en las disciplinas indicadas en las bases de la convocatoria, ¡Te esperamos!

Comité

O equipo científico e organizador de “RECALADAS NO CAMIÑO” está formado por persoas que pertencen a entidades do ámbito académico e profesional, vinculadas á valorización de patrimonio e aos obxectivos do proxecto.

Julian Sobrino

Julian Sobrino

Manuel Lara

Manuel Lara

Xoan Carmona

Xoan Carmona

Iria Sobrino

Iria Sobrino

María Caldeiro

María Caldeiro

Resultados 2021

Os resultados do traballo de campo da expedición serán presentados o 29 de setembro de 2021 nunha conferencia final no Museo do Mar de Galicia.