Que é Recaladas?
Recaladas no Camiño é un proxecto experimental no que, nun espazo de cocreación itinerante, a través das distintas recaladas, permitirannos deseñar a primeira senda do patrimonio industrial ao longo do Camiño de Santiago.
Como o faremos?
A través de equipos multidisciplinares de estudantes ou recentemente titulados/ as, elixidos baixo criterios de paridade de xénero e inclusión que, acompañados polo comité organizador e científico, recalarán durante os 6 días de traballo de campo en 2 dos nodos ou enclaves que dispoñen dunha alta densidade de elementos, en activo ou en obsolescencia, vinculados ás actividades marítimo pesqueiras ao longo de Camiño de Santiago.
Queres formar parte da expedición?
Se tes entre 18 e 30 anos e es estudante, titulado/a e/ou graduado/a nas disciplinas indicadas nas bases da convocatoria, Esperámosche!
Comité Científico e Organizador
O equipo científico e organizador de “RECALADAS NO CAMIÑO” está formado por persoas que pertencen a entidades do ámbito académico e profesional, vinculadas á valorización de patrimonio e aos obxectivos do proxecto.